Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Charlas de compostaxe

Concello de Redondela
03-02-2020
0
Charlas de compostaxe

A Concellería de Medio Ambiente comeza esta semana coa inscrición previa para unha das últimas charlas desta campaña de compostaxe doméstica onde os participantes recibirán un composteiro individual (COINEX), un aireador e un manual. O concello de Redondela fará entrega das últimas unidades recibidas da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. A charla celebrarase o xoves día 13 de febreiro no Multiusos da Xunqueira.

O xoves 6 de febreiro haberá un posto informativo diante do concello onde mestres composteiros encargados de levar a cabo o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra informarán a todo aquel interesado sobre a compostaxe doméstica.


Inscricións no Departamento de Medio Ambiente e o día 6 no posto informativo do Plan Revitaliza.


Os requisitos son:

  • Estar empadroado no Concello de Redondela.
  • Referencia catastral onde se vai colocar o composteiro

CESIÓN DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL DE EXTERIOR (COINEX) NO CONCELLO REDONDELA

MANUAL DA COMPOSTAXE NA CASA