Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Charlas de sensibilización e formación sobre a compostaxe individual/familiar

Concello de Redondela
22-09-2021
0
Charlas de sensibilización e formación sobre a compostaxe individual/familiar

O Concello de Redondela, dende a Concellería de Medioambiente, promociona a adhesión das familias ao proxecto de compostaxe e á solicitude de composteiros individuais para os domicilios que dispoñen de horta ou espazos axeitados. As charlas darán información acerca de: A instalación e posta en marcha dos composteiros individuais, os aportes de materia orgánica, o emprego do estruturante e aireación, e calqueira dúbida respecto a este tema que poida xurdir. O proxecto de sensibilización da compostaxe municipal ten os seguintes obxectivos:

  • Concienciar á comunidade da problemática dos residuos.
  • Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.
  • Acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
  • Acadar un compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.
  • Traballar coas comunidades veciñais das zonas onde se instalen os composteiros comunitarios.