Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Unha nova xestión sobre o uso da auga

Concello de Redondela
14-06-2018
0
Unha nova xestión sobre o uso da auga

Dentro do programa de charlas de concienciación ambiental previstas polo Departamento de Medio Ambiente para este ano, a pasada semana presentouse no CRPL Lenda unha das que se desenvolverán esta tempada: “Unha nova xestión sobre o uso da agua”.

Nesta charla informouse de como influímos coas nosas actividades cotiás nun recurso finito e indispensable para a vida, sen sermos en moitas ocasións conscientes da súa escaseza así como da importancia que ten realizar un uso sostible do mesmo.

Este recurso vese cada vez máis ameazado por consumos abusivos, pola contaminación, polo noso actual estilo de vida e mais por unha demanda que non deixa de medrar sobre un ben tan escaso. De toda a auga doce existente no planeta, só aproximadamente o 1% sería apta para o consumo humano, porcentaxe que dá conta do seu valor. Millóns de persoas en todo o mundo non poden acceder a ela, fagamos pois un uso más responsable.

De cara ao próximo curso escolar esta charla impartirase nos centros de educación do Concello que o soliciten, para así contribuír a concienciar á mocidade sobre este tema.