Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela promove unha chocolatada solidaria durante o encendido da iluminación de nadal en Redondela e Chapela

Concello de Redondela
09-12-2022
0
 O Concello de Redondela promove unha chocolatada solidaria durante o encendido da iluminación de nadal en Redondela e Chapela

O Concello de Redondela promove unha chocolatada solidaria durante o encendido da iluminación de nadal en Redondela e Chapela

O día do encendido das luces de nadal, 10 de decembro en Redondela e 11 en Chapela, ás 19:30 horas estarán colocados postos específicos para recadar fondos para as asociacións redondelás Andaina, Da Man e Cáritas a través dunha chocolatada solidaria.                

 

Redondela, 07 de decembro de 2022

O Concello de Redondela elabora unha campaña de mobilización solidaria a través dunha chocolatada os día do encendido da iluminación de nadal do municipio, o 10 de decembro en Redondela e o 11 en Chapela a partir das 19:30 horas. As asociacións redondeláns que participan son Andaina, Da Man e Cáritas. O diñeiro recadado durante o evento repartirase a partes iguais entre os tres colectivos.

“Andaina, Da Man e Cáritas fan unha labor altruísta para mellorar a calidade de vida dos e das redondelás. O concello quere dar visibilidade ó seu traballo á vez que recaudar fondos para as distintas causas que representan”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A chocolatada está financiada integramente polo concello, aportando os espazos, o material como o chocolate e a axuda organizativa necesaria. O día 10 de decembro colocaranse tres postos en Redondela para cadansúa asociación colocados en puntos concurridos do municipio. Un deles estará localizado nos soportais da Casa do Concello, outro na Alameda de Castelao e o último na Praza da Constitución. O día 11 de decembro corresponde ao evento de encendido da iluminación de nadal en Chapela, onde tamén colocarase un posto na Alameda de Rosalía de Castro.

A intención é que a xente poida gozar dunha taza de chocolate quente e un petisco doce co que facer unha doazón voluntaria que se sumará e repartirá entre as mencionadas asociacións de forma equitativa. Serán 1000 as racións que se repartirán tendo opción libre de gluten ou lactosa para aquelas persoas con intolerancia alimentaria que queiran participar na acción solidaria.

“O encendido da iluminación de nadal é un dos momentos máis populares e concorridos das datas festivas. Por ese motivo creemos que é o momento perfecto para achegar a xente a oportunidade de unirse a unha boa causa. Consideramos o traballo de Andaina, Da Man e Cáritas imprescindible para a veciñanza e o municipio, polo que sempre estamos dispostos a axudar e colaborar no que sexa neceasario”, engade Digna Rivas.