Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela ofrece un ciclo de Saúde e Benestar centrado nos hábitos alimentarios, escritura terapéutica e expresión corporal

Concello de Redondela
31-01-2023
0
Redondela ofrece un ciclo de Saúde e Benestar centrado nos hábitos alimentarios, escritura terapéutica e expresión corporal

O ciclo gratuito xa ten a inscrición aberta. Comeza o 10 de febreiro e terá unha duración de 4 meses cunha oferta ampla con distintas charlas e obradoiros. O Concello de Redondela presenta, a través da Concellería de Cultura, “Cultívate, Ciclo de Saúde e Benestar”, unha actividade de balde que se desenvolverá do 10 de febreiro ao 6 de maio. A acaldesa, Digna Rivas, destaca que a idea contempla “a saúde e o benestar de forma multidisciplinar, ofrecendo esta vez obradoiros con mestura de xeracións. Este ciclo segue a línea de educación en benestar e saúde que o concello contempla no seu programa de forma continuada e que pretende ofrecer ferramentas á veciñanza que poden usar no seu día a día”.

Co lema “Súmate á vida saudable… Coídate por dentro e por fóra!” ofreceránse charlas sobre alimentación saudable, pero tamén de expresión corporal e escritura creativa coa intención de usar o poder desta de forma terapéutica. En definitiva, un ciclo para cultivar a mente e o corpo. Todos os obradoiros trabállanse en grupo, invitado á dinámicas e impulsando a participación activa e o movemento.

Os profesionais implicados no ciclo son Jaime Juncal, diplomado en nutrición humana e dietética, Nutricionista no Sergas e formado en Terapia Gestalt; Santi Jiménez, artista plástico licenciado en Belas artes; Isabel Mouso, mestra especialista en Educación Musical, musicoterapia e escritura expresiva; Marisé Barreiro, filóloga, escritora e gestalista especializada en escritura expresiva.

A rexidora local quixo dar as gracias a Jaime Juncal “por organizar este programa tan completo e variado, tocando temas de actualidade e que preocupan de verdade á veciñanza. Este ciclo pode ter un impacto moi positivo nas vidas dos redondeláns”.

As charlas, pensadas para idades comprendidas entre os 18 e os 99 anos, non teñen aforo e non precisan iscrición previa. Con todo, os obradoiros si precisan de inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial no Multiúsos da Xunqueira e estarán limitados a un máximo de 20 persoas por sesión.

 

CALENDARIO

O día 10 de febreiro ás 19:30 horas no auditorio da xunqueira Jaime Juncal imparte unha Charla sobre alimentación saudable: “Mellora a túa alimentación de xeito sinxelo”. O 24 de febreiro á mesma hora Juncal volve ao Auditorio da Xunqueira para dar unha charla sobre á industria alimentaria, analizando o contexto actual e ofrecendo recoendacións para unha esta da compra saudable.

Santi Jiménez comeza o 11 de marzo no Multiusos da Xunqueira ás 10:00 horas presentando “Un xesto sentido, obradoiro de creatividade”, enfocado a persoas sa partir dos 16 anos.

O 25 de marzo estará Iasbel Mouzo no Multiúsos da Xunqueira ás 10:00 horas co obradoiro “Escóitate,... ME…, NOS! para falar da nevesidade de ferrmentes de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea.

O 1 de abril ás 10:00 horas no Multiúsos da Xunqueira Marisé Barro ofrece un obradoiro sobre escritura terapéutica chamado “Cadernos máxicos, o poder transformador da escritura terapéutica”, aventurándose na escritura persoal e autobiográfica e para persoas de 16 a 99 anos.

O 15 de abril chega o momento de centrarse no corpo. Isabel Mouzo e Jaime Juncal presentan o obradoiro “Movemento e expresión corporal” no que se ensina sobre o movemento corporal como vía de autocoñecemento, pracer e enerxetización.

O obradoiro de “Comida e ansiedade! impartido por Jaime Juncal terá unha duración de dous días, sábados 29 de abril e o 6 de maio, ambos ás 10:00 da mañá. Nel, non se pretende entrar nos trastornos psicolóxicos senón o uso que facemos da comida como vía de escape ante ansiedade xeralizada. Este obradoiro divídese en dúas partes, polo que a segunda é para as persoas que fixeran a primeira.