Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Centro de Información á Muller de Redondela reforza o seu servizo coa contratación dunha avogada

Concello de Redondela
04-06-2021
0
O Centro de Información á Muller de Redondela reforza o seu servizo coa contratación dunha avogada

Pese á carencia dunha letrada ata o 1 de xuño, o informe elaborado polo CIM salienta que “todas as usuarias que demandaron asesoramento xurídico, foron perfectamente atendidas”. O Centro de Información á Muller de Redondela vén de reforzar o seu servizo de atención ás usuarias coa contratación dunha avogada que se incorporou ao CIM o pasado 1 de xuño. A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas, recoñece o atraso no proceso de contratación derivado “da complexidade dos trámites administrativos a realizar e dos tempos que marca a administración para este tipo de procesos, que están moi lonxe de ser os idóneos”.

En todo caso, é que segundo os informes elaborados polo propio CIM, no tempo en que o servizo careceu dunha letrada asignado ao mesmo “todas as usuarias que demandaron asesoramento xurídico foron debidamente atendidas”.

De feito as mulleres que solicitaron este tipo de axuda contaron, en todo momento, coa guía das dúas técnicas do servizo (axente de igualdade e psicóloga) que, en caso de dúbida contactaron cos organismos pertinentes como é o caso do Colexio de Avogados de Vigo, Instituto Galego da Vivenda e Solo e Secretaría Xeral de Igualdade entre outros.

Do informe conclúese que “a totalidade das consultas dirixidas ao servizo de asesoramento xurídico, foron atendidas e respondidas”.

“O feito que non se incorporara antes unha avogada –explica Digna Rivas– non foi debido á deixamento senón que, de non realizar os trámites tal e como marcan as normas e respectar os tempos, estariamos incorrendo nun delito de prevaricación”.

A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais recalcou que, “tal e como sinalan claramente os informes do servizo, o non dispoñer de avogada nese tempo, non foi impedimento para que as usuarias estiveran atendidas e recibiran resposta adecuada ás súas demandas”.

Por último, Rivas lembrou a necesidade de “ser cautelosos” á hora de facer “valoracións apresuradas” sobre un servizo que precisa dunha extrema discreción “dada a sensibilidade dos casos que se tratan e da situación na que se atopan moitas mulleres que buscan axuda no CIM”.