Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O CIM pon en marcha un servizo de atención e educación nutricional

Concello de Redondela
23-04-2018
0
O CIM pon en marcha un servizo de atención e educación nutricional

O Concello de Redondela, a través dos servizos do CIM (Centro de información ás mulleres) poñerá proximamente en marcha un servizo de atención e educación nutricional, proposta estudada e posta en marcha grazas a un acordo do Consello dá Muller de Redondela.

Este servizo será posto en marcha grazas a un acordo entre o Concello de Redondela e a entidade A Caixa, que a través da súa obra social, apoia proxectos no concello que teñen interese social.

A atención será coordinada desde o CIM, con especial atención aos casos que se deriven tamén desde os servizos de benestar do concello, así como a través de profesionais dos centros educativos.

O traballo para desenvolver por este servizo, que se poñerá en marcha de maneira piloto durante catro meses, é corrixir carencias básicas no ámbito da saúde alimentaria das persoas obxectivo deste programa.

A mellora dos hábitos alimentarios, de mulleres e certas condicións, ou con patoloxías concretas, de familias con recursos limitados e persoas que manteñen hábitos desaconsellados á hora de alimentarse, é unha forma de mellorar a saúde xeral destas persoas, e de promocionar un estilo de vida máis saudable e de calidade, á vez que se traballa desde este enfoque na integración social.

O traballo de asesoramento e educación alimentaria estará a cargo dunha profesional desta área da medicina, e será sempre baixo cita.

É un servizo que funcionará os primeiros de 2018, será totalmente gratuíto, e tratará de chegar polo menos a 50 familias.

Este servizo, pioneiro no concello, supoñerá un complemento ao traballo que cada profesional desenvolve coas persoas usuarias do seu servizo, canalizadas polo CIM de Redondela, e atenderásellese nun espazo público para o efecto, onde a profesional atenderá 8 horas semanais repartidas en dous días e contará con equipo informático, báscula, tallímetro, cinta antropométrica, papel, cartafoles, guías e documentación específica sobre plans nutricionais.

Cada persoa usuaria deste novo servizo será avaliada inicialmente e ao finalizar, e valorarase a idoneidade de darlle continuidade máis aló deste período piloto.

A proposta foi debatida e aprobada en reunión do Consello da Muller, órgano de representación e consulta do que forman parte as asociacións de mulleres e as vocalías de entidades veciñais.