Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela impulsa as clases de Taichi nas parroquias

Concello de Redondela
19-10-2022
0
O Concello de Redondela impulsa as clases de Taichi nas parroquias

O Concello de Redondela impulsa as clases de Taichi nas parroquias

A actividade, impulsada pola Concellería de Personas Maiores do Concello, non para de crecer e son xa 230 personas inscritas para esta nova tempada.

 

As clases comenzaron en Redondela, Chapela, Reboreda, Cabeiro e O Viso, onde 230 veciñas e veciños están gozando da práctica do taichi e dos beneficios desta disciplina milenaria.

 Este ano aumentou a participación un 20% e ainda hai prazas para apuntarse, algo que dende o Concello consideran un logro importante .“Decidimos continuar con esta actividad un ano máis grazas a súa popularidade. Que as persoas maiores do municipio teñan a mellor calidade de vida posible, foi e segue sendo unha das prioridades deste Goberno”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen considera que "actividades como esta deben chegar ao maior número de parroquias posible".

A inscrición pode formalizarse nos dous Rexistros do Concello –Redondela e Chapela– ou ben a través da sede electrónica na páxina web do Concello. Fai falta subliñar que a adxudicación de prazas farase seguindo a orde de inscrición.

Horarios

A actividade, que xa está en marcha, desnvólvese no pavillón de “A  Marisma” en Redondela en distintos horarios os martes e os xoves, no pavillón de Chapela Luns e venres de 9 horas á 10 horas e no Circulo Cultural de Chapela de 19 horas a 20 horas os luns e venres. Ademais, a actividade exténdese ás culturais das seguintes parroquias: en Cabeiro os mércores de 18:00  a 19:30 horas, en Reboreda os luns e os venres de 17:30 a 18:30 horas e en O Viso (Saramagoso) os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas.

“Algúns dos grupos están xa completos, pero pretendemos ampliar a actividade e expandila a outras parroquias. Estamos vendo que en pouco tempo tivo moito éxito e a súa continuación dependerá do interese dos veciños e veciñas”, conclúe a alcaldesa Digna Rivas.

Algunhas razóns polas que practicar taichi

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arterial.