Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aberta a matrícula para as clases gratuítas de Tai Chi que se desenvolverán na Alameda Castelao e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela

concello de redondela
22-06-2022
0
Aberta a matrícula para as clases gratuítas de Tai Chi que se desenvolverán na Alameda Castelao e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela

A inscrición pode formalizarse en calquera dos Rexistros do Concello ou a través da Sede Electrónica ata o vindeiro día 1 de xullo.

Redondela, 22 de xuño de 2022

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa, vén de poñer en coñecemento das persoas interesadas que, dende hoxe mércores 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de xullo, estará aberto o prazo para inscribirse nas clases gratuítas de taichi. A inscrición pode formalizarse nos dous Rexistros do Concello –Redondela e Chapela– ou ben a través da sede electrónica na páxina web do Concello. Cómpre subliñar que a adxudicación de prazas se fará seguindo a orde de inscrición.

As clases comezarán o día 4 de xullo e alongaranse ata finais do mes de agosto e, como é habitual, serán impartidas na Alameda Castelao e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela.

“Que as persoas maiores do municipio teñan a mellor calidade de vida posible, foi e segue a ser unha das prioridades deste Goberno”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen considera de enorme importancia “ofrecer actividades gratuítas, como o caso do taichi, que contribúan a reforzar o seu estado de saúde”.

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arterial.