Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Recomendacións do Concelleiro de Medio Ambiente para colonias felinas ou centros de protección animal

Concello de Redondela
24-03-2020
0
Recomendacións do Concelleiro de Medio Ambiente para colonias felinas ou centros de protección animal

Con data 16 de marzo de 2020 a Vicepresidencia Segunda do Goberno de España elabora unha serie de recomendacións, que están á disposición da cidadanía na páxina web do Concello de Redondela, en relación co coronavirus e os animais de compañía ao abeiro do establecido no Real Decreto de Alerta do 14 de marzo de 2020.
Asemade o Real Decreto de Alerta recolle o permiso para a alimentación de colonias felinas, debéndose priorizar estas actividades en horarios de menor influencia e espaciadas ao máximo no tempo. Tamén se aproban os servizos mínimos no centros de protección animal (CPA) con autoriación escrita da entidade xestora ou do Concello.
Todas aquelas persoas que realicen actividades voluntarias alimentando colonias felinas ou nos centros de protección animal no Concello de Redondela deberán estar en posesión do correspondente certificado de persoa voluntaria, que se solicitará ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela no correo electrónico medioambiente@redondela.es de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Toda persoa que desenvolva accións relacionadas con estas actividades e non estea en posesión do correspondente certificado poderá ser sancionado de acordo co establecido no Decreto de Alarma.