Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Coloquio e concerto de Guadi galego

Concello de Redondela
24-04-2018
0
Coloquio e concerto de Guadi galego

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un coloquio titulado “A inexistencia de fronteiras para a lingua galega” dentro da programación do festival Redondela en Curto.

Participarán Andrés Gago (coprodutor da curta “Matria”, premiada no Festival de Sundance, en Estados Unidos) e Guadi Galego (cantante) que reflexionarán sobre os tópicos que existen arredor dos límites do idioma galego. Eles son dous casos de éxito internacional dende traballos feitos na lingua de Galicia.

O acto será o sábado 28 de abril no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, a continuación dos pases das 20:30.