Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comunicado conxunto do Concello de Redondela e o colectivo Artelixo

Concello de Redondela
14-06-2020
0
Comunicado conxunto do Concello de Redondela e o colectivo Artelixo

Polémica pola tala dunha árbore na Finca do Carballo das cen Pólas, Reboreda.

Na data do 13/06/2020 foi publicado no Facebook do Partido Popular de Redondela un comunicado relativo á presunta tala do novo Carballo das Cen Pólas, durante os preparativos da Romería que clausuran os actos de ArteLixo.

En relación coas manifestacións que se conteñen en dito comunicado, o Concello de Redondela e o colectivo ArteLixo queren manifestar que os feitos relatados non son certos polos seguinte motivos:

1- Nin o Concello nin a organización do colectivo tiñan coñecemento da corta desta árbore ata que se realizou a denuncia nas redes sociais.

2- A celebración deste evento nunha parcela titularidade da Xunta de Galicia conta con todos os permisos oportunos.

3- As tarefas de limpeza da finca foron realizadas con todas as garantías sen que as árbores da carballeira se viran afectadas.

4- En todo momento as medidas de seguridade e respecto có entorno foron tratadas e cumpridas polo Concello e organizadores do evento.

5- No día de hoxe 14 de Xullo de 2020 a persoa que realizou a corta, identificouse de forma voluntaria ante o Concelleiro de Medio Ambiente e os axentes da Policía Local de Redondela, asumindo toda a responsabilidade persoal e eximindo tanto ao colectivo ArteLixo como ao Concello dos feitos acontecidos.

6- As indagacións iniciais realizadas coa veciñanza e persoas implicadas na recuperación da zona manifestan que non se produciu a corta de ningún carballo na contorna de “O Carballo das Cen Pólas”. A tala realizada nas inmediacións do monumento se corresponde a unha acacia en moi mal estado, e que implicaba un grave risco para as persoas ante a ameaza de caída da propia árbore.

Manifestar que o Concello de Redondela porá estes feitos en coñecemento do titular da parcela, é dicir, da Xunta de Galicia quen determinará se é procedente ou non a realización de calquera tipo de actuación.

Tanto do colectivo ArteLixo como o Concello de Redondela lamentan o acontecido nesta zona de gran valor para a veciñanza que nos últimos días foi testemuña da colaboración de diversos colectivos e veciños da parroquia que con ilusión axudaron na limpeza de forma desinteresada para a recuperación do entorno e da súa posta en valor.

Finalmente manifestar a repulsa pola publicación de manifestacións que non se axustan á realidade e que non foron contrastadas, provocando unha “alarma” innecesaria entre a veciñanza e un gran pesadume no colectivo organizador do evento.