Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Recen clausurado o obradoiro Redondela Máis que Bela II, a Xunta de Galicia vén de confirmar ao concello unha subvención de 503 987,00 euros para a posta en da terceira edición desta acción formativa

Concello de Redondela
11-08-2022
0
Recen clausurado o obradoiro Redondela Máis que Bela II, a Xunta de Galicia vén de confirmar ao concello unha subvención de 503 987,00 euros para a posta en da terceira edición desta acción formativa

O Concello de Redondela vén de confirmar a concesión dunha subvención da Consellería de Promoción do emprego e Igualdade da Xunta de Galicia de 503 987,00 €, máis 55 465,00 € que aportará o propio Concello, para a realización dun novo obradoiro de emprego –Redondela Máis que Bela III– que permitirá que 20 persoas poidan acadar unha cualificación profesional de cara a mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.
A alcaldesa Digna Rivas amosou a súa satisfacción pola concesión desta axuda “que non fai máis que confirmar os excelentes resultados que están a obter os obradoiros que se desenvolven en Redondela e que superan, con creces, os mínimos de inserción laboral dos e das súas participantes” como se demostrou nos recentemente rematados Redondela Máis que Bela IIeRedondela TIC II.
Lembrou a alcaldesa “as limitadas competencias” que os concellos teñen en materia de fomento de emprego, quedando case que cinguidas á formación, pero asegurou “que o Goberno local seguirá traballando para conseguir que, a través destas accións formativas, as nosas desempregadas e desempregados acaden unha formación óptima en materias que teñen unha alta demanda no mercado laboral”.
O novo obradoiro impartirase nas instalacións que o Concello de Redondela dispón no Pousadouro e, ao igual que o recen rematado, contará coas especialidades de Carpintería e Vernizado e Forestal-Xardinería-Agricultura Ecolóxica por outro, cun total de 10 participantes en cada un dos módulos. A duración do proxecto será de 12 meses e as persoas participantes serán contratadas polo Concello a través dun contrato de formación.
Para poder participar no proceso de selección é necesario que as persoas estean desempregadas, inscritas como demandante de Emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que como mínimo teñan formación reglada suficiente para cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 (mínimo ESO ou equivalente).
As personas interesadas poderán obter máis información no Teléfono 986402664, de 9:00 a 13:00 e nas oficinas do Servizo Público Emprego de Galicia, de Redondela e Chapela. Nestas últimas deberán solicitar expresamente o seu interés en participar no obradoiro dual de emprego.