Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela denuncia un problema co maltrato animal

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
17-04-2020
0
O Concello de Redondela denuncia un problema co maltrato animal

A Concellaría de Medio ambiente de Redondela pide colaboración veciñal para facer fronte ós problemas acontecidos os pasados días de malos tratos a gatiños recén nados.

A Concellaría de Medio ambiente topouse estas semanas con dous casos flagrantes:

Por unha banda, esta semana tívose constancia de que o 11 de Abril apareceron en Cesantes uns gatiños abandoados nunha bolsa dentro dun contedor do lixo. Recolleunos a Asociación Patitas solidarias de Vigo que lle deu biberón uns días e despois unha familia desa localidade fíxose cargo dos gatos recén nados que agora están cunha gata nodriza en bo estado. A Concellaría de Medio ambiente localizou esta tarde o paradeiro dos gatiños e xa ten os datos da persoa veciña de Cesantes que os atopou para proceder a unha invetigación do axente da policía local destinado no departamento.

     

Por outra banda, o pasado 15 de Abril o Concello de Redondela foi coñecedor (grazas ó aviso dunha familia de Quintela que os acolleu) de que uns gatiños foran depositados nunha bolsa dentro dun contedor. Gracias a esa familia, a Concellaría de medio ambiente puido xestionar o tema poñéndose en contacto coa protectora “Animais sen Fronteiras” quen rápidamente se fixo cargo dos animais.

     

 

Dende o departamento de medio ambiente queren deixar claro que “Este tipo de actos son de especial gravidade e da máis baixa moral humana, estamos a falar de que eses animais de non ser atopados por persoas marabillosas acabarían afogados, aplastados, triturados no camión e incluso incinerados vivos. Temos que usar estas palabras tan duras porque non estamos a falar dun abandono dos animáis, estamos a falar de que as persoas que realizaron este acto atroz foi coa intención de matar. Resulta alarmante para o departemento deste Concello que coa situación que estamos a vivir nestes instantes toda a sociedade, aínda queden persoas capaces de realizar accións deleznables coma ésta”.

Patudos Peludos de Tui mandou ao responsable do departamento, noticias e fotografías sobre o estado das crías rescatadas en Quintela: “Hola, mándoche unhas fotos das nenas. Xa teñen nome: Esperanza, Aurora, Tiana e Mulán. Hoxe empezan a comer. Agardamos que sobrevivan todas e sigan adiante, que ás veces é compliado e frustrante cando son tan pequenas..”

 

Por iso dende a Concellaría de Medio ambiente fan un chamamento á veciñanza, por se alguén pode colaborar con estas protectoras de animais de Redondela, Tui e Vigo no coidado ou mantemento das crías de gatas. A asociación Animais se Fronteiras xestionará a formoa de facerlle chegar as axudas a estas gatiñas e gatiños

O contacto das 3 Protectoras é o seguinte:  mail asenfronteiras@gmail.com 

Para rematar, A Concellaría de Medio Ambiente quere apuntar que con este tipo de accións non se pretende cubrir as responsabilidades municipais. Recoñecen, ademáis, que queda moito, moito traballo pendente co desenrolo do proxecto CES, (nestes momentos co borrador en fase de estudo técnico e xurídico para a súa futura aplicación). Aínda con esa medida a Concellaría de medio ambiente entende que non sería suficiente para atallar esta problemática xa que a solución parte da base de quen ten unha gata ou gato e non desexa que críen teñen a obligación social e moral de aplicar a esterilización.