Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Medio Mariño, xestionada polo PSOE, asumirá a limpeza de praias o que queda de verán

Concello de Redondela
19-07-2021
0
A Concellería de Medio Mariño, xestionada polo PSOE, asumirá a limpeza de praias o que queda de verán

A alcaldesa Digna Rivas delegou as competencias no departamento que dirixe Nacho González “para dar resposta ás reclamacións da veciñanza sobre a limpeza dos areais”. A Concellería de Medio Mariño, xestionada polo PSOE, comezou a primeira hora da mañá de hoxe os traballos de retirada de algas da praia de Cesantes enmarcados dentro dun plan global de adecentamento dos areais do municipio, labores que se realizan co apoio dunha máquina cedida pola Deputación de Pontevedra.

A limpeza de praias, ata agora realizada pola Concellería de Medio Ambiente, era motivo de discrepancias dende que AER asumiu a súa xestión polo que, á vista das continuas protestas veciñais polo estado dos areais e a proliferación de algas, a alcaldesa Digna Rivas decidiu revogar ditas competencias e delegalas na Concellería de Medio Mariño que asumirá o traballo de limpeza de praias polo que queda de verán.

Rivas adiantou que estas labores “desenvolveranse en todos os areais redondeláns” e buscan que veciñas e veciños “poidan gozar de praias limpas durante a época estival, ao igual que o fai a veciñanza de todos os demais municipios costeiros”.

A alcaldesa pediu “paciencia” á veciñanza aínda que subliñou que as labores realizaranse “coa máxima rapidez posible de cara a permitir que, no menor espazo de tempo, estean en óptimas condicións de limpeza”.