Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello adecenta o espazo dos xardíns da Xunqueira situados na traseira dos xulgados

Concello de Redondela
22-02-2021
0
O Concello adecenta o espazo dos xardíns da Xunqueira situados na traseira dos xulgados

A alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, visitaron esta mañá os xardíns da Xunqueira, na zona situada na traseira do edificio dos xulgados, onde o Concello realiza traballos de recuperación para dotar a Redondela dun novo espazo verde urbano para desfrute da cidadanía.

Como primeiro paso, colocáronse diversos elementos de mobiliario urbano como mesas e papeleiras e renováronse os bancos xa existentes. Rematada xa esta primeira fase, tal e como comprobaron a alcaldesa e o concelleiro, a vindeira semana iniciarase a colocación do céspede para que, unha vez rematada, as veciñas e veciños poidan contar cun novo lugar de esparexemento.

Os traballos, tal e como explica a alcaldesa Digna Rivas, buscan “recuperar espazos infrautilizados no casco urbano de Redondela para poñelos a dispor da cidadanía e que conten con zonas verdes céntricas”. Nese sentido, Digna Rivas e Alberto Álvarez, lembraron a recente posta en valor dos xardíns de Regojo, unha zona abandonada e degradada, “no que a maiores de ofrecer un novo espazo de lecer, faise unha homenaxe e recordatorio á historia industrial do municipio”.