Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

'Animalia', un concerto animado para os máis pequenos

Concello de Redondela
09-12-2022
0

A banda de música de Chapela ofrecerá o vindeiro domingo 11 de Decembro, ás 18:00 horas, no auditorio de Chapela, un concerto animado pensado para os máis cativos.

ANIMALIA é unha proposta musical organizada pola banda de Música de Chapela onde se contan e cantan fermosas historias dun máxico lugar que acolle e cura animais abandonados ou feridos.

A través desta historia, a Doutora Botánica e o seu axudante Pico, fará que os nenos/as e os animais sexan os principais protagonistas deste concerto, un concerto para tódalas idades no cal escoitaranse diferentes cancións infantís, tanto actuais como as de toda a vida, un espectáculo sempre capitaneado pola actriz Cristina Collazo e o actor Josito Porto, que cantarán, bailarán e actuarán para facer do concerto un espectáculo moi divertido e participativo e no que a música correrá a cargo da banda de Música de Chapela.