Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concerto de AIRIÑOS DA PENEDA

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
16-08-2019
0
Concerto de AIRIÑOS DA PENEDA

Hoxe, 16 de Agosto, na Praza da Casa da Torre poderemos asistir ó concerto do grupo "AIRIÑOS DA PENEDA": un grupo de veciños e veciñas do Viso que en 2006 decidiron reunirse ó redor de cordas, percusión, ventos, voces e recuperar así as nosas tradicións musicais, para disfrutar delas e abrirlles novos e futuros camiños.

Dende a Concellaría de Cultura querémosvos invitar, esta noite, a desfrutar dun acto cultural digno das nosas terras.

Agardamos vernos alí.