Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comeza o Entroido: Concerto de DE VACAS

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
23-08-2019
0
Comeza o Entroido: Concerto de DE VACAS

Hoxe, ás 22:00 hrs dará comezo o Entroido de Verán do 2019.

E dará comezo cunha reunión musical, ó redor do grupo de De Vacas, na Plaza da Casa da Torre en Redondela.

A Concellaría de Cultura propón este concerto do grupo galego para animar á xente a asistir coma público levando flores na cabeza: unha flor, dúas, unha coroa, media coroa, de verdade, de mentira, de papel, de pano, de natureza, flores, flores, flores...

De vacas, mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Cantan en tódolos idiomas e inventan outros, todo xa non é abondo. Reivindican o guachinein, esa lingua minorizada. Ansia de xuventude e fusión internacional. A vida ao seu lado toda é un entroido.

Convidad@s estades!!