Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concerto infantil "Letras e notas"

Concello de Redondela
20-03-2018
0
Concerto infantil "Letras e notas"

Chega un novo "Venres Cativo". Pero desta volta facémolo un xoves para evita-lo inicio das vacacións. Unha excepción!

Na tardiña do xoves 22, ás 18h, no Multiúsos da Xunqueira, teremos connosco a Magín Blanco co seu espectáculo musical "Letras e notas" (recomendada para idades entre 0 e 10 anos).

O creador de A nena e o grilo ou outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña tráenos un contacontos musicado, onde o protagonista axudará a promove-la creatividade e curiosidade polas letras e palabras, e en definitiva, pola lingua.

A entrada é de balde.