Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

LULAVAI en Concerto, na Alameda de Rosalía de Castro.

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela.
11-08-2019
0
LULAVAI en Concerto, na Alameda de Rosalía de Castro.

LULAVAI é un grupo musical galego composto por 4 voces e 4 arpas celtas maravillosamente tanxidas por 4 mulleres: Paula Oanes, Lorena Reinaldo, Josefa Fernández e Elena Paz. 

Coincidiron na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Logo formarían parte da orquestra SonDeSeu, dirixidas por Rodrigo Romaní (arpista e excompoñente de Milladoiro). 

No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de 4 arpas e 4 voces fúndense para interpretar con un son moi personal, temas tradicionais galegos e de composición propia.

Dende entón levan percorrido multitude de escenarios, dende Galicia ate o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.

Hoxe, ás 22:00 h, da man da Concellaría de Cultura do Concello de Redondela, estarán en Chapela, na Alameda de Rosalía de Castro (non podía ser doutro xeito). 

Agardamos que desfrutedes esta gran oportunidade de ter música e cultura na nosa vila.