Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Pedro Andrea, un dos guitarristas máis destacados do panorama musical nacional, actuará o sábado en Redondela

Concello de Redondela
19-08-2021
0
Pedro Andrea, un dos guitarristas máis destacados do panorama musical nacional, actuará o sábado en Redondela

A xornada, adicada ao jazz, comezará ás 21.00 horas na Finca do Carballo das Cen Pólas de Reboreda co directo do grupo pontevedrés Mr. River

Redondela, 19 de agosto de 2021.- A programación cultural de verán de Redondela acollerá este sábado, 21 de agosto, unha xornada adicada ao jazz que se desenvolverá a partir das 21.00 horas na Finca do Carballo das Cen Pólas, en Reboreda.

O prato forte da actuación será Pedro Andrea, que encherá de sons a Finca do Carballo das Cen Pólas a partir das 22.00 horas. Considerado un dos guitarristas máis importantes da escena musical do país, Andrea foi o primeiro español que gañou o primeiro premio do Guitar Player Magazine (USA, 1996) cunha versión de The Long Train Running. Conta con 16 discos no seu haber e mesmo un deles cantado no que el pon a voz e no que colaboran Miguel Bosé, David Summers, Antonio Vega e Teo Cardalda. Da súa traxectoria destaca, asimesmo, que ten posto a súa guitarra, tanto en xiras como en gravacións, á disposición de múltiples artistas nacionais como: Miguel Bosé, Carlos Santana, Manolo García, Rosana, Luz Casal, Malu, Sergio Dalma, Hombres G, Ana Torroja, Ella Baila Sola, Víctor Manuel, Aute, Rosario, Lolita, Antonio Carmona, Complices, David Bisbal, Antonio Vega, Pastora Soler, etc…

Os encargados de inaugurar esta xornada musical, ás 21.00 horas, serán os pontevedreses de Mr. River, unha banda que conta con Miguel del Río, como compositor e guitarra; Santi Mar, no baixo e Marcos Corbacho, na batería. Asiduos dos principais festivais de jazz, como o de de Armenteira ou Ponteareas, no grupo conflúen diferentes estilos musicais como jazz, blues, música tradicional galega, funk, flamenco con influencia de diferentes artistas e músicos internacionais.

                            

Colaboran nesta actividade, ademais do Concello de Redondela, a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, Xacobeo e a Deputación de Pontevedra.

Airiños do Mar de Teis na Alameda de Chapela

O domingo, 22 de agosto, tocaralle a quenda aos amantes da canción tradicional galega que poderán gozar coa actuación da agrupación Airiños do Mar de Teis, ás 20.30 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

Todos os concertos son de balde. O público asistente aos concertos terá que estar sentado e cumprir as normas sanitaria