Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concertos de finais de agosto

Concello de Redondela
13-08-2021
0
Concertos de finais de agosto

Onte se fixo a rolda de prensa presentando os últimos concertos do verán; O grupo América actuará o 27 de Agosto no Paseo Marítimo de Chapela. Os grupos Broken Peach e Mitic actuarán o 28 de Agosto no Campo da Feira de Redondela.

 A recollida de entradas para os eventos do 27 e 28 de agosto serán no Multiúsos da Xunqueira de luns a venres de 08:00 a 14:30 e de 16:00 a 22:00h. Sábado e domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00h.

A partir do Sábado 14 de Agosto.

En cumprimento do protocolo Covid é necesario facilitar nome, apelidos e teléfono de contacto no momento da recollida para a elaboración do rexistro de asistentes, cun máximo catro entradas por persoa.

      

INFORMACIÓN ACCESO CONCERTOS PROGRAMADOS:

As persoas que xa dispoñen de entrada poden acceder por calquera dos tres puntos de entrada marcados

Unha parte do aforo reservarase para entregar o mesmo día da actuación nas entradas do recinto, nos puntos marcados como recollida de entradas finais, ata esgotalas. Para a súa entrega será necesario facilitar un nome, apelidos e teléfono de contacto.

Apertura de portas ás 20:00H

Establecéronse tres entradas para cada recinto

Obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans na entrada.

Non se poden mover as cadeiras

Os recintos contarán con aseos.