Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

ADMITID@S: Plan Municipal de Conciliación para Verán 2018

Concello de Redondela
14-06-2018
0
ADMITID@S: Plan Municipal de Conciliación para Verán 2018

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de verán, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións.

  PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITID@S

Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual.

O Programa desenvolverase o mes de xullo de 2018, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nas seguintes parroquias:

Cabeiro: Centro cultural - 15 prazas

Cedeira: Centro cultural - 30 prazas

Cesantes: Centro cultural  - 15 prazas

Chapela: Asociación cultural de Cidadelle - 15 prazas

Chapela: Multiúsos - 15 prazas

Negros: Asociación de veciños - 30 prazas

O Viso: Antiga Escola de Tuimil - 15 prazas

Reboreda: Sociedade labrego cultural - 15 prazas

Redondela: Multiúsos - 30 prazas

Redondela: Pousadouro - 45 prazas

Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas - 30 prazas

Ventosela: Asociación cultural Miñoteira - 15 prazas

Vilar de Infesta: Centro cultural - 15 prazas

 

* Nota: Pola organización das actividades municipais, as/os menores que se inscriban en Pousadouro, serán ubicadas/os do 2 ao 6 de xullo no Pavillón de deportes de Reboreda e do 9 ao 31 de xullo en Pousadouro.

 

Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se pode descargar aquí na páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM):

 

  Normativa de funcionamento

  Ficha de inscrición

  Folla individualizada de seguemento

 

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro mércores 2 e finaliza o 18 de maio, ambos incluídos. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 16 de xuño na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.

Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.