Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela oferta 180 prazas no programa municipal Concilia Nadal

Concello de Redondela
24-11-2023
0
O Concello de Redondela oferta 180 prazas no programa municipal Concilia Nadal

A Concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, organiza un ano máis o programa municipal de conciliación para as vacacións escolares de Nadal. A edil explica que “o obxectivo destes campamentos é o de proporcionar ás familias unha programación educativa e lúdica que lles permita conciliar o coidado dos nenos e nenas coas súas obrigas laborais durante as vacacións escolares de Nadal”. O horario dos campamentos será de 09:00 a 14:00 horas durante os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2024. A actividade está dirixida á cativada de entre 3 e 12 anos.
O número de prazas ofertadas son 180, repartidas entre as diferentes parroquias do municipio: CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro 15 prazas, CEIP Plurilingüe de Cedeira, 15 prazas, CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas 30 prazas, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda 45 prazas, CEIP Plurilingüe Quintela 15 prazas, Pavillón de Reboreda 15 prazas e Conservatorio Municipal Víctor Ureña 45 prazas. A alcaldes, Digna Rivas, sinala que deste xeito “o Concello ofrece unha alternativa de conciliación familiar á veciñanza non só no centro da vila, senón tamén nas diferentes parroquias”
A documentación desta convocatoria está publicada na páxina web municipal e pode solicitar tamén en papel na Casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello. O prazo para a presentación de solicitudes será do 20 de novembro ao 1 de decembro, ambos dous días incluídos.