Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concurso de Debuxo Infantil Dixital

Concello de Redondela
01-03-2023
0
Concurso de Debuxo Infantil Dixital

O Concello de Redondela colabora con Aqualia no XXI Concurso Infantil de Debuxo Dixital. A Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela presentan, en colaboración con Aqualia, a XXI edición do Concurso de Debuxo Infantil centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a intención é que “participen as escolas, para o cal proporcionamos a información e os recursos educativos necesarios para presentarse ao concurso e que poidan tratar temas como a vida saudable e sostible ou a conservación dos recursos naturais como a auga. Ademais, preténdese concienciar e sensibilizar sobre os principais problemas ambientais”. Entrégase un conto que serve de soporte os docentes para tratar o tema do concurso, pósters, follas para colorear e as follas de participación. A data límite é ata o día 22 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Auga. Os debuxos deben presentarse na páxina web (www.aqualiaeods6.gal) en formato dixital. Na web tamén pódese descubrir a Aquaventura, o novo desafío de Aqual e ODS6 coa Cuadrilla Sostible.