Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

XIV Concurso Fotográfico do obradoiro E.L.F.M.

Concello de Redondela
03-01-2020
0
XIV Concurso Fotográfico do obradoiro E.L.F.M.

 

A Asociación Cultural “ Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy” inaugurou no Multiusos de Redondela a exposición coas fotos de todos os participantes do XIV edición do concurso fotográfico.

A Alcaldesa, Digna Rivas, xunto co Concelleiro de Cultura Daniel Boullosa, visualizaron a mostra no acto inaugural e destacaron a calidade e a cantidade das fotos e animaron, ós membros da Asociación Cultural a continuar traballando no eido da Cultura en Redondela.

A mostra permanecerá aberta ó Público ata o 31 de xaneiro na sala N1 do Multiúsos.