Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

XIV Concurso Fotográfico do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy
27-09-2019
0
 XIV Concurso Fotográfico do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

O XIV Concurso Fotográfico do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, ademais de ter por obxecto incentivar a actividade fotográfica, busca conseguir as mellores instantáneas e potenciar así a súa difusión e coñecemento, todo conforme ás bases que se presentan nesta convocatoria.

Os participantes serán todas aquelas persoas interesadas no concurso, non sendo preciso ser socio do Obradoiro, quedando encadradas en dúas categorías: Xuvenís ou menores de 16 anos e adultos ou maiores desa idade.

As fotos deberán ser inéditas, sendo rexeitado todo aquel material que non cumpra os requisitos preestablecidos.

Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por concursante. Enviaranse, obrigatoriamente nos dous formatos: Dixital e Impresas. As fotografias en formato dixital poderán enviarse en calquera soporte de almacenamento dixital ou por email o correo do Obradoiro (obradoiro@estudoslocais.org).

 

 BASES DO CONCURSO