Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Conferencia da montañeIra Rosa Paredes

Bibliotecas de Redondela
20-02-2019
0
Conferencia da montañeIra Rosa Paredes

A montañeira Rosa Paredes relatará o vindeiro venres, 22 de febreiro, as súas vivencias das escaladas do Aconcagua arxentino, da maciza Muztagh Ata, situada na cordilleira chinesa de Kunkun e do pico Lenín en Kirguizistán, unha das repúblicas da xa extinta Unión Soviética.

O seu é vivir ao límite. Embarcar nunha aventura tras outra, odiseas que lle permiten respirar nos lugares máis fermosos da face da terra. Móverse ao fío do imposible, e despois de meses de preparación, abordar próximos retos.

Alcanzou a cima do Aconcagua arxentino e, debido ás condicións meteorolóxicas, quedou coas ganas de contemplar o paraíso desde a cima da maciza Muztagh Ata, situada na cordilleira chinesa de Kunkun. No 2013 viaxou ata Kirguizistán, unha das repúblicas da xa extinta Unión Soviética coa intención de hollar a cima do pico Lenín, unha montaña da cordilleira de Pamir que conta cunha altitude de 7.165 metros sobre o nivel do mar.

Rosa Paredes, pontevedresa de Vilaboa, enfermeira e montañeira, ofrecerá este próximo venres, 22 de febreiro, na Casa da Cultura de Redondela, unha charla-coloquio na que relatará a súa experiencia na escalada a diversos picos do mundo, entre os que se atopan o Aconcagua arxentino, o Muztagh Ata, situado na cordilleira chinesa de Kunkun, e o pico Lenín en Kirguizistán

O acto que terá lugar na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h., está organizado pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración das mesmas. Entrada libre e gratuíta