Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Nova reunión do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Redondela

Concello de Redondela
18-12-2020
0
Nova reunión do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Redondela

Este mércores,16 de decembro, tivo lugar a primeira xuntanza do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia de Redondela como grupo representativo, máis aló dos plenos municipais.

O Concello de Redondela organizou a dita reunión para darlle continuidade aos traballos realizados para o Pleno infantil do pasado mes de novembro. Ademais considera fundamental intensificar a dinamización da participación infantil e adolescente como un paso necesario para acadar unha maior implicación no deseño de políticas que afecten directamente a este colectivo.

O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia foi creado como un órgano de carácter consultivo, informativo e de representación do conxunto da infancia e adolescencia do municipio. Actualmente está formado por cativos e cativas representantes dos centros educativos do municipio, pero aberto a todas e todos os que desexen participar.

Na reunión de onte, que se celebrou por videoconferencia, puxéronse as bases para o traballo dos próximos meses, destacando o interese por implicar a máis compañeiros e compañeiras, e coa intención de avanzar en propostas concretas, xa á volta das vacacións de Nadal, que estarán relacionadas coa oferta cultural e de lecer do concello.