Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Conservatorio busca letra para un "himno ecolóxico"

Faro de Vigo
10-10-2018
0
O Conservatorio busca letra para un "himno ecolóxico"
Para celebrar a súa adhesión á Rede de Escolas UNESCO, o Conservatorio "Víctor Ureña" de Redondela convoca un concurso para dotar de letra a unha canción co título " Desplastifícate", que será gravada e enviada a todos os centros desta rede en España.
A peza musical "converterase nun himno ecolóxico que servirá para dar a benvida a un pequeno boneco nado nunha illa de plástico no Océano Pacífico, que nos vén a entregar unha carta de socorro e un envase de recollida de esperanza".
Este proxecto nace da inquietude dos docentes dos centros UNESCO por concienciar aos mozos e as familias das posibilidades de reutilización do plástico e da necesidade de reciclar estes materiais para protexer o planeta.
A data límite de entrega das letras é o 15 de outubro, na oficina do Conservatorio ou ao correo electrónico oficina.conservatorio@redondela.gal .