Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Consulta pública do novo Regulamento dos Consellos Parroquiais

Concello de Redondela
25-02-2020
0
Consulta pública do novo Regulamento dos Consellos Parroquiais

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela abre o prazo por un período de 15 días hábiles (ata o 18 de marzo) para que a veciñanza en xeral e os colectivos e asociacións do Concello de Redondela realicen as alegacións e acheguen as súas propostas para a modificación do Regulamento dos Consellos Municipais Parroquiais.

Para a realización de alegacións pode utilizarse o modelo de instancia xeral dispoñible na sede electrónica do Concello.

As entidades e colectivos deben presentar as alegacións a través da Sede Electrónica, mentres que a veciñanza poden realizar dito trámite a través da sede electrónica ou presentando o escrito no rexistro xeral do Concello.

Anímase a toda a veciñanza así como as distintas entidades das parroquia para que realicen as alegacións que teñan por convinte, modo de dar efectividade ao principio de participación nas cuestións ou materias que afectan a toda a cidadanía.

Na páxina web do Concello están a disposición da cidadanía, para a súa consulta, a nova proposta de regulamento e as emendas presentadas ata agora polos grupos municipais:

VER TODA A INFORMACIÓN