Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comezan as Consultas populares

Concellaría de Participación cidadá.
14-07-2020
0
Comezan as Consultas populares

A Concellería de Participación Cidadá, pon en marcha as dúas primeiras consultas populares do noso Concello de Redondela, en relación a establecer os días festivos locais de fronte ao próximo ano 2021 e en canto á peonalización das rúas do centro da vila durante as fins de semana.

Desde o equipo de goberno quérese fomentar a participación da cidadanía nos asuntos que lle afectan directamente, asuntos do noso municipio e da vida pública.

Os asuntos sobre os que se vai a realizar a consulta, esta vez, son os relativos para establecer os días festivos locais para o ano 2021 e á peonalización das rúas do centro da vila de Redondela durante as fins de semana.

 

Días Festivos Locais

 

En canto á primeira consulta, sobre os días festivos locais para o próximo ano sendo estas as opcións que se propoñen:

  • Luns do Cristo (12 abril 2021)
  • Martes de Entroido (16 de febreiro do 2021)
  • Xoves da Coca (3 de xuño 2021)
  • San Xoán (24 xuño do 2021)

Os grupos políticos municipais do Concello de Redondela xa expresaron a súa elección, información que está publicada na páxina web do Concello de Redondela, e que podes consultar aquí (orde alfabética): AER, BNG, PP, PSdG-PSOE.

Cada habitante do municipio poderá elixir dúas opcións entre as anteriores, ou realizar unha proposta distinta á realizada polos grupos políticos municipais.

  

Peche de Tráfico

 

En canto ao peche ao tráfico rodado das rúas Alfonso XII e Rúa Ribeira, en Redondela, para a súa peonalización, poderase opinar e mesmo suxerir horario e días.

 

 

 Como participar?

 

Os requisitos para poder participar na consulta son, ter máis de 16 anos e ser habitante de Redondela.

Para poder participar nestas consultas poderás facelo de varias maneiras:

  1. Cubrindo un cuestionario online.
  2. A través dun modelo de impreso:
  • Modelo online: podes descargalo nesta páxina e cubrilo.
  • Modelo físico: O Concello deixará copias dos impresos no Rexistro Municipal e nos centros culturais de cada parroquia.

Deberás cubrir o modelo impreso e presentalo:

  • Na Sede electrónica do Concello de Redondela.
  • No Rexistro municipal do Concello de Redondela. (Luns a Venres de 9:00 a 14:00).

Tan só aceptarase unha opinión por persoa. No caso de que haxa dúas propostas por parte dunha mesma persoa e estas sexan diferentes entre si, non se contabilizará ningún das dúas. No caso de que haxa dúas propostas por parte dunha mesma persoa e estas sexan idénticas, serán contabilizadas como unha soa.

Xa sexa a través do cuestionario, ou presentando o modelo de impreso de todas as formas aquí expostas, a túa opinión deberá estar no Concello antes do día 15 de Agosto.

Desde a Concellaría de Participación cidadá quérese animar a toda a vecinanza de Redondela a participar activamente das decisións organizativas da vida municipal. Xa que se pretende, con esta iniciativa que aquí arrinca, abrir un camiño onde participar, opinar e achegar ideas dun modo directo, sexa nun futuro unha realidade normalizada.

Para iso agradécese a máxima difusión e participación desta proposta, para que así a decisión tomada finalmente sexa o máis obxectiva e participativa posible.

 

Redondela, ao 15 de xullo de 2020.