Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Contacontos infantil na Biblioteca de Redondela

Concello de Redondela
18-05-2022
0
Contacontos infantil na Biblioteca de Redondela

O mércores 1 de xuño, ás 17:30 h., a Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela acollerá un contacontos para nenos e nenas de 1 a 4 anos , na súa Sala Infantil.
Contarán cunha narradora excepcional , Charo Pita, para achegarnos unha historia con rimas, historias, xogos e cancións baixo o título de “A formiga na barriga”.
-Para participar deberedes inscribirvos na biblioteca, as prazas son limitadas, e cada neno/a debe de estar acompañado/a dun adulto durante o contacontos.
– Tlf: 986 40 15 61
A actividade é de balde
-Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.