Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Máis de 400 nenos e nenas participarán nos contacontos ilustrados dedicados a Ernestina Otero

Concello de Redondela
08-03-2022
0
Máis de 400 nenos e nenas participarán nos contacontos ilustrados dedicados a Ernestina Otero

O Concello de Redondela, do Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de poñer en marcha unha serie de contacontos ilustrados de cara a poñer en valor a figura de Ernestina Otero.

Serán, en total, máis de 400 a es os escolares, de oito centros educativos redondeláns os que participen nesta iniciativa na que, ademais, cada un dos alumnos e alumnas levará para a súa casa o libro infantil «Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero» de Enrique Mauricio con ilustracións de Carlos Taboada, dedicado á figura da insigne mestra e pedagoga.

Logo de desenvolverse no EEI de Ventosela; no CEIP Bóveda e no CEIP Reboreda, a actividade continuaba hoxe luns, 7 de marzo, no EEI Cesantes para continuar o martes 8 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Cedeira, o xoves 10 ás 10 horas e 12 horas no CEIP Quintela e o venres 11 ás 10 h e 12 horas no CEIP Porto Cabeiro.

Xa na seguinte semana, os contacontos ilustrados continuarán o seu ciclo cos que se levarán a cabo o luns 14 ás 10 h no CEIP Bóvedas e ás 12:30 horas no EEI Cesantes e, finalmente, o martes 15 ás 10 h e 12 horas no CEIP Outeiro das Penas.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, subliñou a importancia de car a coñecer entre o alumnado a figura dunha mestra e pedagoga “que é un exemplo a seguir polas prácticas innovadoras que utilizou no eido da educación”. Non se pode esquecer que foi a impulsora da asistencia á escola, os dereitos das mulleres e a renovación do profesorado “conseguindo poñer a semente para unha xeración preparada para a liberdade”, apunta a alcaldesa redondelá.