Contaconto Inclusivo en Lingua de Signos e Lingua Oral a través do Facebook da Biblioteca de Redondela
As bibliotecas municipais de Redondela ofrecen un novo contacontos de Nadal a través das redes grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso
A compañía ContAZ volve ofrecernos un contacontos de perfil cultural e inclusivo para festexar este Nadal nas bibliotecas, e faráo vía streaming, a través da páxina de Facebook das Bibliotecas Municipais de Redondela, e grazas á iniciativa e financiamento da Fundación Filomena Rivero Alonso.
Tras o éxito do pasado luns co contacontos “Perdido?”, temos unha nova cita cun conto emitido en directo dende a sala infantil da biblioteca municipal de Redondela e transmitido a todos os nosos seguedores a través da páxina de Facebook das bibliotecas municipais de Redondela.
Este novo contacontos terá lugar tamén en directo o martes 29 de decembro ás 12:30 h, e contará a historia que leva por título “A Maleta”, baseada na obra de Chris Naylor-Ballesteros.
+ INFO, NA WEB DAS BIBLIOTECAS: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/12/novo-contacontos-en-lina-para-festexar.html