Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As rúas de Redondela acollen mañá sábado a I Contrarreloxo por Equipos ‘X Aniversario C.A.R.’

Concello de Redondela
16-09-2022
0
As rúas de Redondela acollen mañá sábado a I Contrarreloxo por Equipos ‘X Aniversario C.A.R.’

Trátase dunha proba moi atractiva para o público na que os equipos participantes terán un percorrido urbano de 5 quilómetros para chegar ata A Portel

Máis de 32 equipos teñen confirmada xa a súa participación na I Contrarreloxo por equipos de atletismo  ‘X Aniversario C.A.R.’ organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Redondela, que xestiona Nacho González e que se disputará nun percorrido urbano de 5 quilómetros con final na Portela.

“ Trátase dun tipo de proba moi interesante de seguir por parte das persoas afeccionadas ao atletismo disputarse polas rúas da vila, o que facilita a asistencia de público”, explica a alcaldesa Digna Rivas para quen “a organización de probas deportivas, como neste caso unha contrarreloxo por equipos , non só buscan permitir á cidadanía gozar da espectacularidade deste deporte, senón fomentar entre os máis novos a práctica deportiva”.

A proba dará comezo ás 20 horas do sábado 17 de setembro, unha hora máis que axeitada dados os prognósticos meteorolóxicos que prevén para esta fin de semana altas temperaturas.

Tanto a alcaldesa de Redondela como o concelleiro de Deportes, agradeceron a colaboración de Rodavigo, patrocinadores da proba “que, nunha ocasión máis, están abertos á colaboración con este Concello e contribúen a que, actividades deste nivel, poidan ser posibles”.