Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concello de Redondela e Deputación de Pontevedra pechan formalmente o convenio para a urbanización do Salgueiral co acto protocolario da sinatura

Concello de Redondela
15-11-2023
0
Concello de Redondela e Deputación de Pontevedra pechan formalmente o convenio para a urbanización do Salgueiral co acto protocolario da sinatura

O proxecto, que ascenden a case un millón de euros ,fora acordado xa no anterior mandato dentro do plan provincial PON2030. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que se trata dunhas obras “moi importantes para humanizar unha zona no centro da vila e que están xa a piques de licitarse”. Os traballos inclúen unha nova urbanización nas rúa As Cardosas, Salgueiral e Ernestina Otero. Instalarnse beirarrúas máis amplas, novo mobiliari urbano e iluminación máis eficiente. Crearanse máis zonas verdes sen eliminar prazas de aparcadoiro.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, recibiu este mediodía no Concello ao
presidente da Deputación, Luis López, para o acto protocolario da sinatura do
convenio para a realización das obras de urbanización nas rúa As Cardosas,
Salgueiral e Ernestina Otero. Os traballo, que ascenden a case un millón de euros
(982.719,40 euros) foran acordados xa no anterior mandato, o pasado mes de
marzo, e aprobados en xuño dentro do plan provincial PON2030. A alcaldesa,
Digna Rivas, explicou que se trata dunhas obras “moi importantes para
Redondela e que están xa a piques de licitarse”. Rivas agarda poder seguir
traballando nesa liña co ente provincial “e que cheguen máis proxectos para
Redondela, xa que o importante son os intereses da veciñanza”.
A obra, promovida polo Concello, contará cunha achega da Deputación de
Pontevedra de 737.039,55 € dentro. Contempla a reurbanización da rúa As
Cardosas, rúa Salgueiral e a súa continuación pola rúa Ernestina. Suporá a
mellora das beirarrúas, a reorganización e incremento de espazos verdes así como
a instalación dun escenario e unha fonte lúdica na zona sur. O proxecto non
contempla a eliminación de prazas de estacionamento.
Coa reforma da rúa das Cardosas e a rúa do Salgueiral, dende a N-550 ata a
rotonda baixo o viaduto vello, melloranse as beirarrúas, aumentando a súa
anchura e substituíndo o seu pavimento por lousas de granito, así como a
dotación de novo mobiliario e un incremento das zonas verdes. A actuación
proxecta tamén un escenario e unha fonte lúdica na zona sur para potenciar o uso
desta zona por parte da veciñanza.
Incorporarase tamén máis arborado e outras especies ornamentais para crear un
espazo máis amable, con novos pasos peonís elevados para incrementar a
seguridade e iluminación pública máis eficiente.
O obxectivo fundamental desta actuación é “a revitalización dun espazo público
deteriorado que é central na vida de Redondela” contemplando ademais no
deseño de ditos espazos que sexan accesibles para todas as persoas “poñendo
especial atención as de maior idade así como as persoas con mobilidade reducida
ou con algún tipo de discapacidade”