Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Coronavirus e animais de compañía

Dirección General de Derechos de los Animales
24-03-2020
0
Coronavirus e animais de compañía

Dende a Dirección Xeral de Dereitos dos animais quérese transmitir ás administracións locais, autonómicas e os corpos de seguridade do Estado unha serie de recomendacións e acordos que desenvolven o Real Decreto de alarma no relacionado cos animais de compañía e os seus coidadores. Ante a situación provocada pola pandemia declarada polo COVID–19, insístese, en relación á atención sanitaria ás mascotas, nos seguintes aspectos e recomendacións:

En primeiro lugar, hai que reiterar que non existe evidencia científica algunha de que os animais domésticos padezan nin poidan transmitir o COVID-19. Nese sentido propóñense as seguintes pautas de actuación:

  • MEDIDAS XERAIS
    • Lavarse as mans + Distancia Social + Cubrirse ao toser + Non tocarse ollos, nariz e/ou boca
  • MEDIDAS XERAIS CON ANIMAIS DE COMPAÑÍA:
    • Despois de tocar ao animal: Lavarse as mans + Non tocarse ollos, nariz e boca.
    • Ao chegar a casa tras saír á rúa: Limpar con xel desinfectante almofádalas e lacola do animal por prevención.
  • MEDIDAS XERAIS PARA PERSOAS POSITIVAS EN CORONAVIRUS
    • Recoméndase deixar o coidado das mascotas a outra persoa, cando sexa posible.
    • Usar utensilios novos para o animal. Nunca reutilizar os utensilios utilizados pola persoa positiva
    • Se se dá positivo e non se pode deixar o animal con outra persoa, extremar as medidas de hixiene como a limpeza de mans, o uso de máscara en presenza do animal e evitar o contacto co mesmo, na medida do posible