Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Contacontos na Biblioteca de Chapela dentro dos Venres Cativos do programa Apego

Bibliotecas de Redondela
21-05-2018
0
Contacontos na Biblioteca de Chapela dentro dos Venres Cativos do programa Apego

Os Venres Cativos do programa Apego, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do noso Concello, trasládanse a vindeira semana á biblioteca de Chapela.

O venres 25 de maio, ás 18:00 h, recibiremos á contadora María Ortiz para que nos achegue os Contos no Faiado.

Serán contos nos que repasaremos algunhas das historias máis coñecidas de María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas do 2018.

Contacontos para rapazada a partir de 5 anos.

Entrada libre.