Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Digna Rivas asiste ao inicio do Curso en atención e coidado das persoas maiores

Concello de Redondela
18-05-2022
0
 Digna Rivas asiste ao inicio do Curso en atención e coidado das persoas maiores

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, asistiron esta mañá ao inicio do Curso en atención e coidado de persoas maiores que se desenvolverá ata o vindeiro 15 de xuño nas instalacións do Multiúsos da Xunqueira.

Digna Rivas salientou a importancia desta actividade formativa “que contribúe a incrementar o benestar das persoas maiores”. Para alcaldesa redondelá, as persoas que se encargan do coidado das e dos nosos maiores “deben contar con coñecementos teórico prácticos que lles permitan realizar esta importantísima tarefa coas maiores garantías”.

Cómpre salientar que o colectivo de persoas maiores foi, dende o inicio do mandato, un dos eixos da política do Goberno socialista redondelán como o demostra a creación dunha concellería específica das Persoas Maiores –inexistente en anteriores gobernos– que xestiona Iria Vilaboa.

O coidado das persoas maiores para o Goberno redondelán, va máis aló de iniciativas como esta que contribúan a mellorar a súa calidade de vida ao poder contar con coidados no seu fogar a cargo de persoal cualificado. “Coidas aos nosos e ás nosas maiores é tamén facelos partícipes activos da vida social, cultural e política do municipio”, explica Digna Rivas para quen este colectivo “ten unha experiencia aprendida ao longo dos anos, tanto no seu traballo como na súa propia experiencia vital, que non podemos permitirnos o luxo de desperdiciar”.