Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Curso en línea "Os nosos ríos"

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
25-02-2021
0
Curso en línea "Os nosos ríos"

A Concellaría de Medio ambiente invita á veciñanza a realizar un curso telemático e gratuito para coñecer e poñer en valor os ríos do noso municipio.


O curso consta de 8 horas de duración repartidas en 4 aulas formativas de 2 horas de contidos cada unha. Os días 11, 16, 18 e 23 de marzo ( dous luns e dous xoves) comezando as 17:00 horas e rematando as 19:00 horas.

A inscrición é de balde, e deberá facerse deste xeito:

-En medioambiente@redondela.gal 
-No 986 400 300 - horario de 9h a 14h

 

A auga predomina no planeta e un 3% dela é auga doce. Os ríos visibilizan e simbolizan esta auga, necesaria para a vida dos seres. Xa que logo, o coidado destes é un reflexo da importancia que as sociedades lle aplican a este recurso.Tras miles de anos de imprudente abuso ou abandono, unha certa aproximación cara a eles medra paseniño.


Co afán da valorización dos ríos, o curso en liña "Os nosos ríos" introduce o coñecemento xeral e o funcionamento dos bosques de ribeira así como o recoñecemento das especies arbóreas, arbustivas e herbáceas que os conforman. A visibilización das especies vexetais é recorrente tanto desde a súa percepción de seres vivos como desde a súa ecoloxía ao longo de millóns de anos no planeta.

O Patrimonio Cultural inmaterial forxado en épocas máis benévolas da nosa relación cos ríos, asoma neste curso a través da mitoloxía, dos oficios, usos e expresións).
A floración dos bosques de ribeira, tamén terá un apartado propio así coma os ríos Alvedosa-Maceiras, Pexegueiro, Maceira e Fondón ao tratarmos estas temáticas.