Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

LISTAXE ADMITIDOS - O Concello oferta un curso en liña de iniciación a Lingua de Signos (Nivel A1.1)

Concello de Redondela
20-10-2021
0
 LISTAXE ADMITIDOS - O Concello oferta un curso en liña de iniciación a Lingua de Signos (Nivel A1.1)

A actividade manterá aberto o seu prazo de inscrición ata o luns 18 de outubro e as clases impartiranse os martes e xoves de 19 h a 21 horas

LISTAXE ADMITIDOS CURSO LINGUA DE SIGNOS


Redondela, 5 de outubro de 2021. O Servizo Municipal de Accesibilidade en Lingua de Signos posto en marcha recentemente polo Concello de Redondela a través da Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa dentro da súa aposta pola integración das persoas xordas e xordocegas, vén de ofertar un curso en liña de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1).

A actividade, que será online é totalmente de balde, terá unha duración total de 30 horas das que 24 terán a condición de sesións lectivas grupais en directo e as seis horas restantes serán de actividades individuais obrigatorias e titorías. O número máximo de participantes por aula é de 14.

Para poder participar, as interesadas e interesados deberán ser maiores de 18 anos, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Redondela. Dado que o curso é online, as e os participantes deberán dispoñer de ordenador, teléfono ou tableta con cámara dianteira e conexión a internet.

A actividade desenvolverase os martes e xoves e 19:00 h a 21:00 horas comezando o día 21 de outubro para seguir o 26 e 28 de outubro e o 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro.

As persoas participantes deberán comprometerse a asistir, como mínimo, ao 80 % das sesións de formación recibindo, as que cumpran o requisito mínimo de asistencia e realicen as actividades propostas polos docentes, un certificado de asistencia. No caso de que a avaliación continua realizada polos docentes se entenda superada, se entregará certificado de aptitude.

Ao ser unha lingua visual é obrigatorio conectarse coa cámara acesa para poder participar nesta formación. E importante salientar que non se poderán tomar imaxes, nin gravacións de vídeo ou audio, debido á protección dos dereitos de imaxe das persoas asistentes.

Para inscribirse as persoas interesadas deberán presentar unha solicitude no rexistro xeral do Concello de Redondela, ata o luns 18 de outubro, dirixida á Concellería de Servizos Sociais onde indicará os datos persoais e de contacto. As prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición.