Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Cursos Aulas Cemit, aberto prazo de matrícula

Concello de Redondela
19-02-2024
0
Cursos Aulas Cemit, aberto prazo de matrícula

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de marzo e abril, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral. As clases abarcarán diferentes ámbitos da informática como creación de vídeos, competencias dixitais, identidade dixital e trámites coa administración en liña. En todos os cursos impartirase tamén formación para o uso de ferramentas de Intelixencia artificial. Haberá diferentes horarios con máis de 130 prazas para diferentes cursos, con 16 prazas en cada curso da aula de Redodela e 12 na de Chapela. En ámbolos casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición. O prazo de solicitudes está aberto do 19 ao 29 de febreiro.

As formacións son as seguintes:

Aula CeMIT Redondela os luns e mércores, do 04 de marzo ao 24 de abril, curso de Operacións Auxiliares con Tecnoloxías Dixitais de 10.00 a 11.30 horas. Nas mesmas datas pero e horario de 12.00 a 13.30 curso de Creación de Vídeos online con FlexClip

AULA ABERTA: OBRADOIROS PARA ADULTOS TODOS OS VENRES DO MES DE MARZO. Talleres para adultos para consultas e dúbidas de 9:30 a 11:30 h, e Competencias Dixitais Básica con Tabletas de 11:30 a 13:30 horas.


Aula CeMIT Chapela os martes e xoves:

Do 05 de marzo ao 25 de abril curso de Competencias Dixitais, nivel medio con Windows 10 en horario de 10.00 a 11.30 horas. Nas mesmas datas en horario de 12.00 a 13.30 curso de Trámites en liña coa administración e Identidade Dixital

AULA ABERTA: OBRADOIROS PARA ADULTOS TODOS OS VENRES DO MES DE ABRIL. Talleres para adultos para consultas e dúbidas de 9:30 a 11:30 h, e Competencias Dixitais Básica con Tabletas de 11:30 a 13:30 horas.

As instancias para participar nos cursos pódense descargar na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais. A presentación das solicitudes debe facerse nos rexistros habilitados no Concello de Redondela, e a selección será por orde de inscrición. O alumnado con praza concedida recibirá unha chamada telefónica para confirmar a súa participación.