Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

Concello de Redondela
29-11-2021
0
A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

Redondela oferta 8 prazas por curso e Chapela 12 prazas, en ámbolos dous casos serán asignadas por estrita orde de inscrición

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros desenvolverá, durante este vindeiro mes de decembro, unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela, actividades que son totalmente gratuítas aínda que con prazas limitadas que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

Aula CeMIT Redondela

A accións formativas impartiránse os luns, mércores e venres e, en total, ofértanse oito cursos:

Alfabetización Dixital Windows 10 e internet, do 1 ao 29 de decembro de 9.30 h 11 h

Trámites en liña coa Administración, do 1 ao 22 de decembro de 12 h a 13.30 horas

Alfabetización dixital nivel avanzado, do 1 ao 29 de decembro de 16.30 h a 18. 00 horas.

Talleres para adultos, (dous grupos) o 27 e 29 de decembro de 12 h a 13.30 horas (1º grupo) e de 19 h a 20.30 horas (2º grupo)

Trámites en liña co Concello, do 1 ao 21 de decembro de 19 h a 20.30 horas.

Aula aberta, (dous grupos), do 1 ao 31 de decembro de 11 h a 12 horas (1º grupo) e de 18 h a 19 horas (2º grupo).


Aula CeMIT de Chapela

Alfabetización Dixital Windows 10 e internet, do 2 ao 28 de decembro de 9.45 h a 11.45 horas.

Ciberseguridade para usuarios, do 2 de decembro ao 28 de decembro de 12.15 h a 13.45 horas.

Trámites en liña co Concello, do 2 de decembro ao 28 de decembro de 16.30 h a 18.00 horas.

Talleres para adultos, o 30 de decembro de 9.45 h a 12.45 horas.

Internet e traballo na nube, do 2 de decembro ao 28 de decembro de 19 h a 20.30 horas

Aula aberta, (dous grupos) do 2 de decembro ao 30 de decembro de 11.45 horas a 12.15 horas (1º grupo) e de 18 h a 19 horas (2º grupo).


As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.

Para a alcaldesa Digna Rivas, estas actividades formativas “son case que imprescindibles nun mundo cada día máis informatizado e no que os trámites na liña supoñen un xeito rápido e eficaz de realizar trámites coas administracións”.