Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Novas Tecnoloxías pospón a matrícula dos cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

Concello de Redondela
04-02-2022
0
A Concellería de Novas Tecnoloxías pospón a matrícula dos cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

Redondela oferta 8 prazas e Chapela 12 prazas para diferentes cursos de formación informática, o comezo iba a ser a partir do mes de marzo, pero por un problema administrativo se retrasarán unhas semanas.

As matrículas deste primeiro módulo estaba previsto que comezasen a partir do vindeiro 7 de febreiro, pero se retrasarán unhas semanas mentres non se resolva unha incidencia administrativa.

Se dará aviso da nova data de matriculación pola prensa e na propia web e o facebook do Concello de Redondela, así como das novas datas de celebración dos cursos, que nos contidos previstos non mudarán.

Toda a información estará dispoñible na web municipal (www.redondela.gal) e se atenderán as consultas no mail formacion.informatica@redondela.gal

Os vindeiros cursos previstos son entre outros: Alfabetización dixital Windows 10 e Internet, Mecanografía co computador, Tarefas de oficina con Writer e Calc, Aplicacións Google, Drive ofimática na nube,….Ademáis do servizo de Aula Aberta os venres: Seminarios de Subvencións co concello e taller de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela.

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros desenvolverá, durante este ano 2022 un programa que incluirá ata 1000 horas de formación nas súas duas aulas CeMIT de Redondela e Chapela, unha serie de accións formativas totalmente gratuítas, aínda que con prazas limitadas que tratarán de achegar as ferramentas informaticas máis comúns e utilizadas á poboación, achegar á veciñanza a administración electrónica e impartir contidos máis específicos noutros casos.