Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello ofrece un curso para formar a docentes en atención a alumnado TEA

Concello de Redondela
23-11-2023
0
O Concello ofrece un curso para formar a docentes en atención a alumnado TEA

O Concello de Redondela organiza un curso de formación dirixido a profesorado e persoal dos centros de ensino público sobre intervención no alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). O curso celebrarase en dúas xornadas, o sábado 25 de novembro e o 2 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 horas no Conservatorio Municipal Víctor Ureña. No curso, teórico e práctico, entregarase documentación de apoio. O obxectivo do curso é dar a coñecer as características básicas do TEA e a súa variabilidade en canto aos síntomas. Os participantes a estas xornadas poderán resolver as súas dúbidas e obter recursos prácticos para o día a día na aula.

A concelleira de Infancia, Pilar Martínez, sinala “a importancia de que os educadores teñan as ferramentas para identificar a nenos e nenas con TEA , así como técnicas de intervención pedagóxica con este alumnado”.

O número de alumnos con TEA non deixa de medrar, “polo que se fai imprencindible que o profesorado coñeza as súas necesidades e conte con ferramentas para mellorar o seu benestar, favorecer a integración na aula e previr problemas de adaptación ou aprendizaxe”.

O curso será impartido por Alba Pérez Fernández, mestra e psicopedagoga especialista en pedagoxía terapéutica.

A participación é libre e de balde ata cubrir as prazas. As incricións poden realizarse no teléfono co Concello de Redondela, 986.400.300 ou a través do enderezo electrónico concello@redondela.gal.