Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A recuperación da Carpa de Degustación e o Combo Dominicano, protagonistas do primeiro día gastronómico na Festa do Choco

Concello de Redondela
15-05-2023
0
A recuperación da Carpa de Degustación e o Combo Dominicano, protagonistas do primeiro día gastronómico na Festa do Choco

A recuperación da Carpa de Degustación e o Combo Dominicano, protagonistas do primeiro día gastronómico na Festa do Choco. Hoxe estrease a carpa de degustación da XXVI Festa do Choco que volve con forza despois de anos mermada pola pandemia. Nesta xornada destaca a verbena Combo Dominicano e as actividades de Redondela Mariñeira coa Ruta do Choco. Mantense as xornadas gastronómicas iniciadas na pandemia coa colaboración da hostalería ata o 14 de maio.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaba a carpa de degustación para inaugurar este espazo gastronómico da XXVI Festa do Choco. A partir das 19:30h, en horario continuo ata o peche, os amantes do choco e os padais máis exquisitos poderán achegarse aos stands para degustar os diferentes pratos que ofrecen os participantes desta edición entre os que atopamos a VIGO E OS CATRO ELEMENTOS, RESTAURANTE O TRANQUILO, RESTAURANTE CASA CHANO, PANADERIA LUISA, LA CHARRUANA, PALADARQUESO e ANAQUEL GOUMERT.
Este ano mantense as xornadas gastronómicas iniciadas na pandemia coa colaboración da hostalería ata o 14 de maio. Os participantes locais nas xornadas gastronómicas atópanse os bares e restaurantes: GASTRO BAR, ADEGA, ANTOLIN, CASA CONSEJO, CASA MUCHA, MERAKI, NOVO ROYALTY, OS AMIGOS, O XANTAR DE OTELO, CAFETERIA TAPERIA PATRI, RESTAURANTE LEMOS, PIZZERIA BOS AIRES e A COVA. Locais que ofrecerán pratos diversos como twister crocante de choco, tortilla de choco, brocheta de choco, croquetas de choco con queixo de Arzúa, fabas con choco, hamburguesa de choco e tetilla, lasaña de choco ou os tradicionais arroz con choco e choco na súa tinta, entre outras moitas especialidades.
O venres 12 tamén tivo lugar un concerto da orquestra de saxos na Alameda de Castelao ás 20:00h e actuación estelar do Combo Dominicano no Campo da Feira ás 23:00h. “Esta orquestra volveu a encher o Campo da Feira, ao igual que o fixo Panorama o día anterior. A volta das grandes verbenas son unha aposta importante deste ano. Despois do éxito de panorama, con miles de persoas bailando no Campo da Feira, temos claro que foi unha decisión acertada”.
O sábado 13 de maio continúa a Carpa de Degustación no Campo da Feira a partir das 10:30h en horario continuo ata o peche. Ese día súmase unha actuación de Airiños de San na carpa do campo da feira ás 12:30 h e o primeiro showcooking liderado por David Couñago do restaurante Malasangue, tamén no Campo da Feira a partir da 13:15h.
O pregón do día 14 de maio estará a cargo de Eduardo R. Cunha “Tatán”, Andrés Xiráldez e Luis borines, de Tanxarina, na carpa do Campo da Feira ás 12:30 h.Pola tarde concertos Tanto nos ten, Budiño a partir ds 20:00 horas e pechará a festa deste ano a música de Lontreira ás dez da noite.
Para rematar, Digna Rivas quixo “agradecer a todas as persoas que fan posible esta festa. para este goberno é moi importante a colaboración con empresas locais, por ese motivo celebran a participación, un ano máis, da empresa Eurored e o desenvolvemento da actividade Redondela Mariñeira da man de Amarturmar” e desexou que “esta XXXVI Festa do Choco sexa un éxito e continúe a consolidar a Redondela como un dos concellos referentes na gastronomía e consumo de produtos galegos”.
OUTRA ACTIVIDADES DA FESTA DO CHOCO
Durante o mes de maio celébrase a xa popular actividade Redondela Mariñeira coa Ruta do Choco da man de Amarturmar. O venres 12 desenvolveuse a actividade Ruta do Choco. Esta experiencia única ten como obxectivo coñecer de preto a duro que é o traballo no mar e axudar así a poñer en valor o traballo de tanta xente que se dedica profesionalmente ao marisqueo e á pesca. Para coñecer a oferta do resto de actividades de Redondela Mariñeira pódese escribir ao correo amarturmar@gmail.com ou chamar ao teléfono 621020775.
Esta actividade compleméntase coas rutas en barco e visitas guiadas a Illa de San Simón e San Antón e a enseada, en distintos horarios. Para as persoas interesadas a reserva previa pode facerse na Oficina de Turismo de Redondela (Rúa Isidoro Queimaliños, 2, 36800 Redondela, Pontevedra) ou no número 986 40 17 13.