Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O departamento municipal de Consumo informa sobre a nova factura da luz

Concello de Redondela
28-05-2021
0
O departamento municipal de Consumo informa sobre a nova factura da luz

O 1 de xuño de 2021 entra en vigor a nova factura da luz  que terá en conta a hora e o tipo de consumo. O obxectivo é incentivar un consumo eficiente de electricidade e que a/o consumidor/a teña un papel relevante conseguindo que o importe da factura dependa máis de cando que de canto se consome trasladando o noso consumo cara ás horas vale, fronte ás horas punta. Chegar  ao abaratamento no recibo da luz por medio de comportamentos eficientes

Que cambia e que se mantén a partir de xuño de 2021 na nova factura da luz?

A factura eléctrica actual componse de cinco termos:

  • TERMO VARIABLE: o custo da enerxía, é dicir, o que hai que pagar polo que consumimos. Inclúe  PEAXES e CARGOS
  • TERMO FIXO: o que hai que pagar por recibir o servizo, aínda que non consumas nada. Inclúe CARGOS
  • O alugueiro do equipo de medida ou contador.
  • O imposto eléctrico, que é o 5,112%.
  • IVE ao tipo xeral, do 21%. 

Os custos da factura: en torno ao 55% do recibo final da luz corresponde aos cargos (32,6%), as peaxes (22%) e o 21,4% aos impostos. Só o 24,1% corresponde ao custo da enerxía.

Os cambios produciranse nas PEAXES do termo fixo e variable, que serven para cubrir os custos de transportar a enerxía e distribuíla polos fogares. E nos CARGOS ao sistema eléctrico do termo fixo, que inclúen gastos por subvencións ás enerxías renovables, axudas aos sistemas non peninsulares...

MODIFÍCASE A FORMA DE CALCULAR OS CUSTOS FIXOS E OS VARIABLES

O alugueiro do equipo, o imposto eléctrico e o IVE permanecen sen cambios

En que consisten as novidades?

A nova estrutura da tarifa da luz afecta a TODAS AS PERSOAS CONSUMIDORAS (fogares e empresas) acollidos ao MERCADO REGULADO -Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor ( PVPC)-  e aos que están NO MERCADO LIBRE, aínda que de forma distinta. O primeiro será ter claro en cal deles estamos.

Todas/os consumidoras/es de baixa tensión, fogares e pemes, pasarán a ter discriminación horaria divida en tres tramos. Desta forma, estableceranse prezos diferenciados segundo sexa hora punta, chan ou val.

  • Punta: entre as 10:00 e as 14:00 horas, e entre as 18:00 e as 22:00 horas.
  • Chan : de 8:00 a 10:00 horas, de 14:00 a 18:00 horas e entre as 22:00 e as 24:00
  • Val : entre as 24:00 e as 8:00 horas, fins de semana e festivos.

Desta maneira, vanse UNIFICAR TODOS OS CONTRATOS de electricidade con menos de 15 kW contratados e desaparecen as tarifas 2.0A, 2.0 DHA, 2.0 AHS para os distintos tipos de discriminación horaria e tamén as tarifas 2.1 dos usuarios que tiñan entre 10 e 15 kW de potencia contratada.  A todas as persoas con contrato de luz váiselles a aplicar a NOVA TARIFA 2.0 TD.

Tamén se poderán contratar DOUS TRAMOS DE POTENCIA, unha para o período val que será moito máis barata, outra para período punta. Permitiranse dous cambios de potencia gratuítos ata o 31 de maio de 2022. Así quen necesiten máis potencia no período val, como os usuarios de vehículo eléctrico que desexen cargar o seu coche ou moto pola noite no seu domicilio, terán a posibilidade de contratar unha potencia superior só para esas horas.

Máis do 50 % das horas do ano son horas vale, onde a potencia é un 95 % máis barata que a punta.

Cales son os pasos a seguir?

A implantación da nova factura é AUTOMÁTICA NO CASO DO MERCADO REGULADO, non temos que facer ningún trámite coa nosa compañía. Sen embargo as dúas potencias hai que contratalas directamente, senón  nos dous períodos horarios ( punta e vale) continuaremos coa potencia que temos actualmente vixente.

Nos contratos de MERCADO LIBRE as comercializadoras poden optar entre adaptar o prezo do contrato aos novos períodos de enerxía e potencia, ou manter os tramos de prezos que o consumidor/a tivera acordado previamente no seu contrato.  Deberá comunicar os novos prezos de forma clara e transparente coa suficiente antelación.  As persoas que estean no mercado libre (ao redor de 17 millóns) deberán estudar e comparar as ofertas da súa compañía eléctrica.

Como poden repercutir os cambios na miña factura da luz?

Desde o Goberno e a CNMC consideran que  o aforro na nosa factura dependera de axustar a potencia de punta e val á nova estrutura, e de que a/o consumidor/a traslade todo o consumo que poida cara ao horario val:

  • Evitando compaxinar  o consumo dos electrodomésticos. Evitando o aceso de todos os aparellos á vez podería reducirse a factura anual entre 200 e 300 euros para un consumidor con alto equipamento eléctrico que tivera axustada a potencia.
  • Trasladar medio kW da potencia contratada da potencia de punta a val e o 10 % do consumo de punta a chan e val, supón un aforro na factura que pode superar o 7 %.
  • Desprazar o uso dun electrodoméstico que supón unha potencia elevada . Pasar o ferro en período chan en lugar que en punta diminuiría o custo anual en 38 euros.

Para información máis detallada: OFICINA MUNICIPAL DE CONSUMO