Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela vive unha transformación co derrube das Antigas Casa dos Mestres para a creación do ‘Museo Etnográfico Ángel Barros’

Concello de Redondela
24-04-2023
0
 Redondela vive unha transformación co derrube das Antigas Casa dos Mestres para a creación do ‘Museo Etnográfico Ángel Barros’

Redondela vive unha transformación co derrube das Antigas Casa dos Mestres para a creación do ‘Museo Etnográfico Ángel Barros’. O Concello de Redondela informa á cidadanía que o derrube das antigas Casas dos Mestres está sendo executado con tódalas medidas de seguridade e terá unha duración total de 8 días. Durante a fin de semana procédese á demolición do inmoble, que estará rematada o domingo, e durante a seguinte semana retirase todo o escombro. O Concello de Redondela informa á cidadanía de que a demolición das antigas Casas dos Mestres terá unha duración total de 8 días. Para ter en conta a seguridade do alumnado dos institutos da contorna e dos viandantes está executándose en horario non lectivo e contando tódalas medidas de seguridade necesarias. Durante a fin de semana procédese á demolición do inmoble, que estará rematada o domingo, e durante a seguinte semana retirase todo o escombro ata completar un total de 8 días de obra. “Unha actuación que cambia por completo a visión de Redondela, retirando os edificios  considerados insalubres e calificados dentro do ‘feísmo’, explica a alcaldesa Digna Rivas. O Concello de Redondela conseguiu dar resposta a unha reclamación histórica como era a da cesión do edificio da casa dos mestres, desafectado dende o ano 2006 e, dende entón pertencía ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Con todos os trámites previos realizados, –cesión da edificación ao Concello, memoria explicativa dos fins aos que se vai dedicar o inmoble e o cambio de uso da parcela– o Concello comezou a recuperación do edificio das 'vivendas dos mestres' para dar resposta a unha “reivindicación histórica dos colectivos culturais para a creación dun museo etnográfico que recolla a cultura popular de Redondela e evitar que se perda no tempo”. O Goberno local subliñou que ese era o único uso posible que se podía dar o inmoble ao quedar descartado o seu uso para vivenda social. De feito, explica o Goberno local, “por unha banda o edificio é de titularidade de Patrimonio do Estado e este non permite a súa cesión a terceiros por parte do Concello. Doutra banda, ao estar enclavado o inmoble en dominio marítimo terrestre, non permite o seu uso residencial”. Paralelamente a estes traballos está realizandose o proxecto museístico feito por Suso Constenla  característico pola súa innovación, en consonancia coa obra de Ángel Barros e consensuado co artista. A alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o artista redondelán Ángel Barros  xa formalizaron por escrito ante notario a doazón de parte da súa obra, destinada ao museo sobre a historia de Redondela que vai a estar localizado onde agora se atopan as coñecidas como “Antigas Casas dos Mestres”.